A Xunta edita o VIII volume da obra completa do músico lugués

Xoán Montes reeditado

A Xunta ven de editar o octavo volume das "Obras Musicais de Xoán Montes", a cargo do musicólogo José López Calo. O tomo presentado é o segundo dedicado a
cancións de inspiración popular feitas por este músico. Onda a presentación desta obra, a Xunta anunciou a súa intención de publicar unha colección de discos de música clásica galega.

Contido





O VIII volume contén as partituras completas de varias obras vocais e instrumentais de inspiración popular feitas por Xoan Montes, coma a versión para banda da Rapsodia Galega, as Alboradas Galegas e o Pasodobre sobre aires populares galegos. Ademais, inclúese unha ampla introducción que describe a historia e as fontes de cada unha das composicións, revelando que a Alborada Galega, atribuída ata agora a este músico, é realmente provén dunha composición do século XVIII.












Próximos lanzamentos


Dentro do programa de promoción e investigación sobre a música clásica galega, a Xunta prevé publicar unha biografía do músico e comezar a colección Música Clásica Galega, que abranguerá unha serie de discos dos principais autores deste xénero. Ademais, dentro do proxecto da Cidade da Cultura, está previsto crear un Centro de Documentación Musical.