Touriño asegura que a primeira fase de construción da Escola de Arte Dramática finalizará na primavera

O Presidente da Xunta anuncia en Vigo o inicio das obras da Cidade do Mar en 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A primeira fase da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo estará finalizada entre marzo e abril de 2009, segundo manifestou durante unha visita institucional ás obras o Presidente da Xunta. Emilio Pérez Touriño manifestou que o Goberno está a investir "6 millóns de euros nesta primeira gran fase" e sinalou que a escola "debera ter un alto nivel de cualificación nos seus recursos humanos, na súa capacidade de formación de profesionais da arte dramática, na súa capacidade de investigación e de desenvolvemento laboral". O Presidente do Goberno destacou que a Escola ofrecerá estudos de grao e tamén de posgrado.

Por outra banda, Emilio Pérez Touriño anunciou que en xaneiro de 2009 poranse en marcha as obras de inicio da Cidade do Mar, que serán, segundo o Presidente da Xunta, a culminación dun trabajo de cooperación entre a alcaldía, a Zona Franca, o Goberno de España e a Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Emilio Pérez Touriño, Escola Superior de Arte Dramática, Xunta de Galicia