Pérez Varela anuncia que a Consellaría de Cultura está a estudar a creación dunha Escola Superior de Arte Dramática para Vigo

Estudiando o estudio da arte

15/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O que comezou sendo unha rolda de prensa típica para dar conta dos actos do Xacobeo 2004 en Vigo, acabou sendo todo unha novidade: a Xunta non descarta que Escola de Arte Dramática se cree na cidade olívica. O conselleiro anunciou que o proxecto xa está a ser estudado a tres bandas; polo o departamento que dirixe, o concello e a Deputación. O anuncio chega cando todos os prognósticos parecían apuntar cara Santiago como lugar de creación da ansiada escola, logo dos compromisos do Concello santiagués e da Consellaría, que mesmo se chegaran a barallar posíbeis emprazamentos.

Máis información no Faro de Vigo e sobre o proxecto da Escola Superior de Arte Dramática na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Escola Superior de Arte Dramática, Xacobeo, Culturagalega...