O peche da Escola de Teatro de Vigo espertou en Galicia a pantasma aletargada da arte dramática. O Concello de Santiago e a Xunta arrimaron posturas para crear na cidade unha escola de Arte Dramática coa que se respaldaba o acceso a unha profesión ata agora marcada ben pola emigración forzosa ben polo autodidactismo. Pero diso hai case un ano e os estudios superiores de Arte Dramática aÃnda son unha utopÃa. ¿Onde te podes formar para ser actor en Galicia?
En Vigo, A Coruña, Santiago e Narón hai centros que actuaron desde hai anos e actúan como niños en que se forma boa parte do tecido teatral actual. Pero son ensinos de carácter municipal e privado que, ben con subvención, ben cobrando polas clases, son o cerne da regularización neste paÃs. Case un ano despois de que o Concello de Santiago e a Xunta acordaran crear en Compostela unha escola de Arte Dramática de carácter universitario que regularizara o tecido teatral, o proxecto está, segundo confirmou a ConsellerÃa, completamente parado.
Estudios dramáticos
Os estudios de Arte Dramática están regularizados pola LOXSE exactamente igual que os de música e danza, ou calquera outra carreira universitaria. Para acceder a este ensino de réxime especial hai que ter o tÃtulo de Bacharelato ou ter máis de vinte anos e superar unha proba de acceso especÃfica. Como estes estudios están regularizados e recoñecidos polo Ministerio de Cultura, a creación dunha Escola Superior de Arte Dramática é competencia exclusiva da ConsellerÃa de Educación.
O ano pasado a estas alturas o Concello de Santiago amosouse disposto a acoller e facilitar a implantación da Escola de Arte Dramática. E para iso prometeu un local propio, aÃnda que fose provisional, porque desde Raxoi considerábase urxente poñer a andar o centro. De momento non hai nada feito sobre o tema, a idea da Escola Superior de Arte Dramática, e os estudios pasan por outras vÃas.
O camiño universitario
A Universidade da Coruña foi a primeira en sentar un punto normalizador no teatro constituÃndo un Programa de Posgrao en Estudios Teatrais e Audiovisuais. Unha iniciativa que organiza o Servicio de Medios Audiovisuais e o Departamento de Didácticas Especiais da propia universidade.
O programa inclúe un Mestrado en Estudios Teatrais e Cinematográficos (500 horas), un Curso de Posgrao en Estudios Teatrais (250 horas) e un Curso de Especialización en Estudios Teatrais e Audiovisuais (100 horas). A principal diferencia entre eles é o número de horas (e polo tanto de créditos) para que se poida conceder o tÃtulo e os requisitos de acceso. Para poder facer o mestrado hai que ser licenciado, mentres que para os outros dous cursos só cómpre ter unha diplomatura ou tres anos de experiencia profesional.
A universidade de Santiago tamén se fixo eco hai catro anos da necesidade de normalizar a práctica teatral e desde a Facultade de FiloloxÃa poñen en marcha o Curso de Posgrao en Arte Dramática “TeorÃa e práctica da interpretación”(300 horas). Un curso destinado a profesionais e titulados.
As escolas municipais
A semana pasada xurdÃa a polémica en Vigo logo de que o concello decidise reducir a actividade da Escola de Teatro que levaba funcionando catro anos. AÃnda que en principio os medios de comunicacións anunciaron o peche, o Concello advertiu que non era un peche senón un cambio de formulación. Segundo os datos ofrecidos polo concello vigués no último curso do ciclo de arte dramática só se cubriron 9 prazas das 45 ofertadas. Unha actividade que lle supuña ás arcas municipais preto de 234.500 euros, segundo asegurou o edil de educación Xulio Calviño nunha rolda de prensa explicando a situación.
Os catro alumnos do último dos tres cursos que ofertaba o centro vigués rematarán os seus estudios mediante un curso intensivo de seis meses. Polo demais, a área de promoción escénica do concello cubrirase mediante un conxunto de actividades e de cursos monográficos.
E mentres o centro vigués reformula a súa oferta escénica ante a escasa oferta, en Narón acontece todo o contrario. Os 70 matriculados para 30 prazas obrigan a crear unha proba de acceso que atrasa un pouco a inauguración da Escola Profesional de Teatro. Será en novembro cando os sete profesores comecen a impartir as materias de Creación Dramática, Historia do Teatro e Construcción da Personaxe, Danza aplicada ao Teatro, Respiración e Voz, Movemento e Plástica Escénica e un Obradoiro de Teatro.
Os centros privados
Por último, ao abeiro das escolas municipais, pequenos centros, como poden ser Espacio Aberto ou Centra Medios en Santiago de Compostela, achegan o seu gran de area na formación do persoal escénico. Son escolas privadas que ofrecen un programa axeitado a idades e niveis por un prezo que oscila entre os 30 e os 100 euros mensuais.