Iván García faise co Modesto R. Figueiredo

Unha casa chea de xanelas é o título da obra gañadora

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

A XXXIV Edición do premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves foi para Iván García Santos. O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro coa colaboración do Concello de Padrón, destacou a "capacidade narrativa, o detallismo na construción psicolóxica dos personaxes e o multiperspectivismo" de Unha casa chea de xanelas, a obra gañadora. Canda a esta, levaron accésits Chelo Suárez Muíños, por Colleita de sombras e mais Alberto Gómez Aneiros por Un pintor malogrado.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Narrativa, Fundación Pedrón de Ouro, Padrón...