A Consellaría desestima os recursos presentados polos veciños e a propietaria do Pazo de Meirás

O Consello da Xunta podería declarar o Pazo como BIC nas vindeiras semanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellería de Cultura desestimou todas as alegacións presentadas pola propietaria do Pazo de Meirás, Carmen Polo, e os veciños das propiedades colindantes co monumento contra a declaración como BIC do emblemático edificio. En total, foron 105 alegacións valoradas como non procedentes. A proposta da Xunta fora avaliada por tres organismos consultivos: a Universidade de Santiago, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. A Xunta podería publicar o decreto de nomeamento do Pazo de Meirás como BIC "a finais deste ano ou nas primeiras semanas do vindeiro".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Belas Artes, Consello da Cultura Galega, Consellería de Cultura...