25 miradas, para o Nadal

A exposición O álbum galego: 25 miradas para unha década amosa o mellor da nosa ilustración

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Vinte e cinco traballos que amosan as distintas sensibilidades coas que se abordou o álbum ilustrado en Galicia nos últimos dez anos. Esta é a proposta de O álbum galego: 25 miradas para unha década (1997-2007) que percorre os anos nos que este formato con grandes ilustracións e pouco texto revolucionou o noso panorama editorial. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra amosaba na súa última edición a selección de orixinais que escolleu a Asociación Máislibros para representar este proceso. A coincidir co Nadal, achegámoste unha completa galería que, alén dun agasallo para a vista, tamén pode dar un bo feixe de ideas para agasallar.

Animais de compañía
1/25
O grande Tronante
2/25
O coelliño Branco
3/25
A cebra Camila
4/25
Mateo
5/25
 Tío Lobo
6/25
 Teodemiro soña con dragóns
7/25
A memoria das árbores
8/25
Paxaros de papel
9/25
Moncho e a mancha
10/25
¿Onde perdeu Lúa a risa?
11/25
 Chema Heras: Avós
12/25
A casa da mosca chosca
13/25
Bolboretas
14/25
 De cores e amores
15/25
 As luces que se acenden e se apagan
16/25
A bruxa regañadentes
17/25
 Rato Tom e Rata Tomasa
18/25
A cousa que máis doe do mundo
19/25
 Chocolata
20/25
 Cocorico
21/25
 Corre corre, cabaciña
22/25
 Herbalúa
23/25
Tres desexos
24/25
¡Puag, que noxo!
25/25

Desde a súa inauguración a mostra pasou por bibliotecas coma a de Pontevedra e Compostela, e fixo parte da presenza galega nos XIV Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Xuvenil. De cara ao futuro, está previsto que estes orixinais viaxen ás diferentes feiras internacionais de literatura nas que haxa presenza galega.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Galería, Pontevedra, Bibliotecas...