Propoñen rutas gastronómicas para diversificar o turismo compostelán

O historiador Xavier Castro realizou un informe para a Dirección Xeral de Turismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O historiador Xavier Castro, gran coñecedor da historia da alimentación de Galicia, presentaba esta mañá o informe que realizou para a Dirección Xeral de Turismo. Neste texto, Castro apostar por unir o turismo gastronómico e cultural para diversificar a oferta de Compostela neste campo e desconxestionar as zonas próximas á Catedral. Entre outras iniciativas, o informe propón a creación de rutas temáticas centradas nas gastronomía castrexa, na cociña enxebre, a xacobea, a das peregrinacións, a medieval ou a indiana, vencellando as propostas das mesmas a centros culturais coma o Museo do Pobo, o CGAC ou o Museo da Catedral. A posta en marcha destas iniciativas dependerá agora do interese do sector hostaleiro polas mesmas.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Catedral, Gastronomía, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...