Joan Manuel Serrat é o prato do forte da programación de Caixanova para A Coruña

O Centro Cultural de Ourense acolleu a entrega dos premios da Bienal de Gravado

Música, teatro (galego e estatal), e danza son as liñas de identidade da programación de Caixanova para A Coruña no primeiro semestre de 2008. Detrás desas áreas agóchanse nomes coma o cantautor catalán Joan Manuel Serrat, que chegará ao Pazo da Ópera o 29 de marzo, dentro da xira 100x100 Serrat. Canda el, La Fura dels Baus, Fran Perea, José Sacristán ou Héctor Alterio completan o cartel que se estenderá ata xullo. Noutro centro cultural, o de Ourense, Caixanova inaugurou e entregou os premios da X Bienal Internacional de Gravado. A obra Transport de Gwegorz Hánderek foi a gañadora desta edición á que ocorreron 683 artistas procedentes de 56 países diferentes.