Un centro de interpretación amosará os petróglifos de Mogor

Cultura investirá 212.000 euros no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O conxunto de petróglifos de Mogor, en Marín, contará cun centro de interpretación que se agarda estea rematado ao longo de 2009. O pleno municipal aprobará esta tarde a cesión de terreos para esta iniciativa, que estará financiada pola Consellaría de Cultura con 212.000 euros. A concelleira de Cultura, Esther Crespo, anunciou que o concello pretende abrir o centro nos períodos de maior presenza de visitantes, e adiantou que con esta obra poderá integrarse o conxunto monumental na Rede Europea de Petróglifos e mellorar así a súa promoción.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín

Claves

Lugares