A Deputación de Lugo recupera dous grupos históricos da cultura local

Os Urogallos e mais Achádego protagonizan actividades este mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha exposición no Museo Provincial de Lugo recupera o teatro do grupo artístico Os Urogallos vinte e cinco anos despois da súa desaparición. Obras dos setes artistas lucenses que conformaron este colectivo poden verse desde onte e ata o vindeiro trinta e un de decembro nestas instalacións que dependen da Deputación Provincial. O mesmo organismo celebraba, o pasado día tres, o vinte aniversario do grupo teatral Achádego. Unha mostra na biblioteca pública da cidade repasa a carreira deste colectivo lucense. Achádego realizará unha representación titulada Retallos de vinte anos o vindeiro nove de decembro ás oito e media da tarde.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Teatro, Deputación Provincial, Museo Provincial de Lugo...