Dygra e Telefónica asinan un acordo estratéxico para a distribución de contidos

No marco deste convenio desenvolverán en 3D a campaña publicitaria de Nadal

2/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Estamos nun cambio de ciclo e a clave desta nova era son os contidos dixitais”. Así de contundente estaba Manolo Gómez, director de Dygra Films, na rolda de prensa de presentación do acordo co operador de telecomunicacións de Telefónica. Un convenio que se estende a todo tipo de contidos e soportes e que se irá visibilizando a curto prazo. O primeiro exemplo do acordo é a campaña publicitaria de Telefónica para este Nadal que ten como novidoso o uso de tecnoloxía dixital 3D, na que leva meses traballando Dygra (sistema no que está a facer a vindeira longametraxe Holy Night) e que se verá en todos os formatos: cines 3D (nas 36 salas que hai en toda España) ata móbiles ou televisión pasando por Internet (xa está colgado en Youtube) ou publicidade exterior.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra, Nadal, Manolo Gómez, Tecnoloxía...