Ourense celebrará o Ano Blanco Amor en 2009

Celebraranse os 30 anos do seu pasamento e os 50 da publicación de A Esmorga

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O acto de homenaxe que o PEN Clube de Galicia celebrou onte en Ourense serviu para que a concelleira de cultura local, Isabel Pérez, anunciase a súa intención de que o 2009 sexa Ano Blanco Amor na Cidade das Burgas. O 2009 coincide cos 30 anos do pasamento do escritos e con 50 da publicación de A Esmorga. A proposta de conmemoración debatirase proximamente no pleno municipal, aínda que o tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, apuntou que confía en conseguir a creación dunha cátedra ou seminario universitario co nome deste autor.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Esmorga, PEN Clube, Cidade das Burgas

Claves

Entidades
Conceptos