Exhibicións e obradoiros anegan a aposta audiviosual do Cultur.gal

A Axencia Audiovisual Galega achegará unha escolma da produción recente do sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A vindeira semana comeza na Coruña unha nova edición co Cultur.gal, o salón das industrias culturais, un encontro no que o sector audiovisual aproveitará para achegar as súas últimas producións e ofrecer obradoiros para profesionais e público en xeral. O Clúster Audiovisual Galego acode pensando nos máis pequenos con dous obradoiros. Un dedicado á dobraxe e outro á animación en plastilina permitirán aos máis pequenos coñecer como se dobran películas como Sin Chan, O Espírito do Bosque ou Detective Conan, ademais de saber como se fai unha breve peza animada con plastilina. A Axencia Audiovisual Galega achegará Panorama Galiza, unha escolma de cen producións audiovisual de todos os xéneros e formatos, rodadas nos dous últimos anos no país. Pola súa banda, Agapi aproveitará a súa presenza para ofrecer un obradoiro no que o público poderá participar no proceso de sonorización dunha película, así como coñecer as actividades da entidade.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Axencia Audiovisual Galega, Animación, Clúster Audiovisual Galego...