O audiovisual galego recente está presente na 13 edición do Festival de Cine de Ourense

O certame comezou coa estrea do documental Eloxio da distancia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Festival de Cine de Ourense arrincou este sábado na cidade das Burgas cun documental galego, Eloxio da distancia. Unha aposta que evidenciaba cara onde vai esta edición: potenciar o audiovisual galego e apostar por contidos identitarios. Baixo o lema de “Celebrar a diversidade” o festival, que duplica o seu orzamento (600.000 euros) nesta ocasión achegará diariamente películas de Canadá, Dinamarca, Rumanía... referentes fílmicos doutras cinematografías. Canda isto, e en colaboración coa Axencia Audiovisual Galega, poderá verse o máis recente da produción audiovisual galega. A sección chámase Panorama de Galicia e engloba a 270 cintas de todos os xéneros e formatos que se produciron en Galicia no 2007.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Documental, Axencia Audiovisual Galega...