Hoxe comeza en Málaga unha nova edición do seu festival de cine, o máis importante do audiovisual español. Un encontro que este ano conta con máis presenza galega que nunca, con catro tÃtulos na sección oficial. Tres na categorÃa de longametraxes (Galadas, Un bo home , Un axuste de contas) e un (Eloxio da distancia) na de documentais. O encontro, no que este ano destaca o incremento de óperas primas, desenvólvese na cidade andaluza ata o 25 de abril.