A música entra en Cineuropa cun concerto da banda municipal

O concerto rematará coa proxección das curtas galegas Tornabón e Cabeza de boi

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A música desenvolve unha parte importante para o cinema. Por ese motivo, Cineuropa inclúe na súa programación dous concertos. Un deles terá lugar hoxe (Teatro Principal, 20:00 horas), cando a Banda Municipal interprete a suite Contos de Alentraia, do compositor galego Euxenio Pazos Pintor. O concerto contará coa ambientación visual de The Chemical Orange e concluirá coa proxección das curtas galegas Tornabón e Cabeza de boi, que teñen esa suite como banda sonora. Canda esta actividade, continúan as proxeccións que hoxe achegan os últimos traballos de Giuseppe Tornatore (A descoñecida) e de Diao Yi Nan (Night Train).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Contos, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos