A Xunta incrementa un 30 por cento as axudas a mellorar a artesanía do país

Créase o salón profesional da artesanía que se celebrará en febreiro na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

A artesanía galega debe mellorar a súa comercialización, formación e promoción. Para iso a Consellaría de Innovación e Industria acaba de anunciar que incrementará un 30% o volume de recursos destinado a este sector, para situarse nos 3.1 millóns de euros. Isto fai parte do Plan Estratéxico da Artesanía que leva en marcha desde o 2007 e se extende ata o 2009. Para o vindeiro ano, continuaranse as liñas xa iniciadas no que atende a formación dos artesáns, potenciarase a divulgación do seu traballo a través das novas tecnoloxías e, no apartado de asistencia a feiras, crearase a primeira Mostra de Artesanía de Galicia (MOA) na Coruña os 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares