O venres 21 de novembro El Patito Editorial celebra o seu primeiro aniversario coa presentación de Aventura no camiño de Santiago de Primitivo Marcos. Desde a empresa adiantan ademais un bo feixe de proxectos para os vindeiros meses. Para comezar, a finais deste mesmo ano porán á venda en formato DVD o documental 35 anos de historieta galega que realizaran a pasada primavera. Para comezos do vindeiro ano sairán as anunciadas edicións de As dúas viaxes de XaquÃn MarÃn e mais a versión galega de Stratos, de Miguelanxo Prado. A editora adianta a súa intención de publicar un novo tÃtulo deste autor ao longo do vindeiro ano. Canda a el, Miguel Calatayud e mais Fran Bueno (dentro da colección Clásicos da historieta galega) sumaranse á nómina de creadores da editorial. Para rematar, a firma sinala que prepara “novos tÃtulos dos autores da casa” e mais “unha colección infantil ilustrada integramente por autores galegos” da que non especificaron se acollerá BD ou libro ilustrado.