Comezan os estudos dos territorios para delimitar a Vía da Prata

O estudo que fai parte do proxecto para delimitar todos os camiños xacobeos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Primeiro estudáronse os trazados dos camiños Francés, o do Norte, o Primitivo; xa están en marcha os do Inglés, Portugués e Fisterra-Muxía e agora, a Consellaría de Cultura acaba de adxudicar os estudos da Vía da Prata. Deste xeito complétase o Plan de Delimitación e Protección dos Camiños que desenvolve a Consellaría de Cultura. En total destínanse 840.000 euros para realizar a análise previa necesaria coa que elaborar a proposta de delimitación do trazado dos camiños e das zonas de protección que van a Santiago desde Chaves e Ourense.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vía da Prata, Primitivo, Portugués, Ourense...

Claves

Protagonistas
Conceptos