Cineuropa premia a Pablo Trapero e recupera a súa cinematografía

A gala de entrega do galardón rematará coa proxección de Leonera, a súa última película

18/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pablo Trapero, unha das grandes figuras do cinema contemporáneo arxentino, recibirá mañá en Santiago o premio Cineuropa pola súa traxectoria. O director e Martina Gusmán, a súa parella ademais de actriz e produtora das súas películas, asistirán á gala de entrega do galardón que será presentada por Camila Bossa. Despois do acto de entrega terá lugar a proxección de Leonera, o seu último filme e que representará a Arxentina nos Óscars. O festival aproveita o recoñecemento para proxectar a cinematografía completa de Trapero.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Arxentina

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares