Cineuropa chega ao ecuador entregando o premio a Jaime Rosales

A gala de entrega completouse coa proxección do filme Tiro na testa

17/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Tiro na testa, a última película de Jaime Rosales, goza de boa crítica e grandes dificultades para a súa exhibición. Chegou a 16 salas comerciais e estreouse no portal de internet Filmin. Esta fin de semana proxectouse (nun único pase) no marco de Cineuropa, como colofón a unha gala á que asistiu o realizador catalán. Rosales, xunto con Pablo Portero, son os premiados desta edición do festival santiagués. Tiro na testa reconstrúe, sen diálogos, a vida cotiá dun membro de ETA que remata co asasinato de dous gardas civís vestidos de paisano nun encontro fortuíto nunha cafetaría.

O experimento dun profesor para respostar á pregunta de Como é posible que o pobo alemán alegue ignorancia ante a masacre do pobo xudeu? mais o drama persoal de Hai moito tempo que te quero son as dúas películas máis votadas na sección oficial cando o certame chega ao seu ecuador. Canda estas, encabezan as votacións do panorama internacional A burbulla e Os limoeiros, dous dramas ambientados en Oriente Medio. Superan o 8, as películas A gran venda da sección Documentos: memoria e presente e o documental Glass: A portrait of Philips in Twelve Parts.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Internet, Documental, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)