Cultura presenta unha guía para xestionar clubs de lectura

A obra está dispoñible en pdf

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cultura presenta unha guía para xestionar clubs de lectura

Lecturas compartidas é o título do libro no que Eva López explica cómo crear e xestionar un club de lectura. A Consellaría de Cultura acaba de publicar en formato pdf no seu web esta obra, coa que quere animar o desenvolvemento deste tipo de actividade. No libro, López fai un repaso ao funcionamento destas propostas e aborda posibilidades coma os clubs virtuais ou os centrados na literatura infantil e xuvenil. A versión impresa desta obra preséntase esta mesma tarde na Biblioteca de Pontevedra, no marco das xornadas formativas que se están a realizar sobre clubs de lectura nas catro capitais de provincia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Literatura, Pontevedra, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)