AÃnda que a lectura é unha actividade habitualmente Ãntima e solitaria, existen fórmulas para tirar dela tamén unha vertente social. A máis clásica destas propostas son os clubs de lectura, grupos de persoas que se coordinan para ler ao mesmo tempo unha obra e despois debater sobre ela, contando en ocasións coa presenza do propio autor. En Galicia son varias as iniciativas deste tipo que están en activo, mobilizando unha boa cantidade de persoas.
A idea é vella. A base é quedar en grupo para ler todos un libro nun perÃodo de tempo determinado e despois comentalo. A este xeito de traballo tan sinxelo pódeselle facer toda unha serie de matices. Desde facer lecturas temáticas até centrarse en autores concretos, ou organizar arredor da lectura varios tipos de actos. Un lugar onde este tipo de colectivos están ben estendidos e organizados é na cidade da Coruña. Promovidos desde diferentes entidade culturais, existen clubs de lectura na rede de bibliotecas municipais (na do Fórum Metropolitano, na do barrio de Castrillón e na de Monte Alto), na biblioteca nodal González Garcés e na biblioteca da Deputación. Destes é o que se celebra na biblioteca do Fórum o máis veterano. Recollendo unha experiencia previa desaparecida, hai sete anos púñase en marcha esta iniciativa, que continúa a se celebrar cada martes pola mañá e que deu o ano pasado na creación doutro club para as tardes dos mércores. O funcionamento destes grupos é o tÃpico, "pénsase unha obra para ler, temporalÃzase por capÃtulos ou por número de follas, repártense os exemplares das obras e cada semana hai unha reunión para falar do libro", explica Begoña Llamosas, directora da Biblioteca do Fórum.
Coordinados
A profusión de clubs na zona da Coruña non se restrinxe unicamente á cidade, senón que varios concellos da comunidade contan cunha alta densidade de lectores organizados. Deste xeito, en Oleiros existen ata sete destes grupos e en Culleredo mantéñense catro. Por se fose pouco, todo os clubs destes concellos coordÃnanse á hora de organizar as súas actividades. Segundo explica Begoña Llamosa, "rótanse libros entre os grupos da Mancomunidade, tentando que as obras teñan o maior emprego posible. Hai varias xuntanzas no ano para coordinar as adquisicións que fan os diferentes clubs e non repetir obras". A boa experiencia desta coordinación levou aos encargados destes clubs a contactar co Ministerio de Cultura para pór en marcha o web clubesdelectura.com. Este sitio quere servir para coordinar actividades deste tipo en todo o estado, achegando consellos e orientacións a quen queira desenvolver este tipo de iniciativas e favorecendo o intercambio de fondos entre os grupos.
Variantes de funcionamento
"Cada club modifica o seu funcionamento", sinala Llamosa. Mentres nalgúns casos o coordinador é un bibliotecario, noutro casos este cargo rótase entre os diferentes membros do grupo. Do mesmo xeito, en ocasións é o coordinador quen propón as obras e noutros escóllense entre todos. No caso concreto do Forum, o club do martes mesmo ten chegado a ler libros por encarga. "O sociólogo Antonio Izquierdo suxeriulle a este grupo a lectura dun libro sobre a emigración e despois veu falar con eles para ver como o interpretaban. Tamén o Colectivo Gai da Coruña, Milhomes, propuxo a lectura de A Esmorga, e representantes desta asociación participaron e compasaron o tema. Os clubs de lectura son unha posibilidade interesante para quen queira coñecer a opinión dos lectores sobre algún tema". "Chegamos a ter un grupo composto por mozos con discapacidades mentais e funcionou moi ben, aÃnda que logo cesou". En Culleredo, pola súa banda, manteñen un grupo especÃfico de lectores da terceira idade, coordinado por MarÃa Jesús Candal. "Funciona bastante ben. Noutros clubs de lectura lese máis novela, neste lemos máis temas históricos e ensaios porque eles mesmos o piden, é como se tivesen moitas ganas de aprender. Son maiorÃa de mulleres, xente que moitas veces pode estar menos afeita a ler", explica a coordinadora. Tamén neste concello se puña en marcha hai catro anos un grupo especÃfico para mulleres. "A idea naceu da Asociación de Mulleres RosalÃa de Castro e foi o comezo dos clubs de lectura", explica Isabel Buján, bibliotecaria deste concello. "Logo fóronse lanzando os outros grupos e este integrouse e deixou de ser exclusivamente feminino".
A xente dos libros
A composición dos clubs é en xeral bastante heteroxénea, condicionada en boa medida polo horario no que se desenvolven os encontros, oscilando a composición media entre unhas dez e once persoas, cunha maiorÃa habitual de mulleres. "No caso do Fórum os grupos son heteroxéneos. Iso si, hai máis mulleres que homes. No de tarde hai xente máis nova, no da mañá oscilan entre os corenta e os setenta anos. Son prexubilados, xubilados, amas de casa, xente que ten baixas ou incapacidades...", explica Llamosa. En Culleredo a situación é semellante, "ves amas de casa con ou sen formación, mais tamén profesionais e mulleres que tiveron un parón na súa lectura e que con cincuenta anos se ven de novo con tempo e retoman a actividade", destaca Buján.
Desde a muller
En Vigo existe desde 1993 o Club de Lectura AlecrÃn, impulsado desde o colectivo feminista homónimo. "É un pouco atÃpico porque comezamos como club de lectoras cun grupo máis ou menos fechado", explica Corona RodrÃguez, bibliotecaria da asociación. "Hai uns anos abriuse e pasou a ser club de lecturas, pasando a se celebrar na Casa do Libro". No espazo para exposicións desta librarÃa reúnense os participantes de xeito que calquera comprador ou visitante do centro pode achegarse e integrarse na actividade. "O obxectivo do club é ler obras escritas por mulleres ou que o libro trate algún aspecto das mulleres que nos poida interesar", sinala Corona. Non é de estrañar pois que a maiorÃa do grupo esta composto por donas. O club de AlecrÃn conta coa presenza das autoras das obras nas sesións de debate, e ademais, achéganse ao grupo mulleres como bibliotecarias ou profesoras que presentan o seu libro favorito, fan unha introdución sobre o mesmo e achega unha visión persoal do libro, configurando con estas propostas o calendario de lectura anual. Dependendo do libro que se trate, a participación nas actividades oscila entre as quince persoas e as máis de sesenta que se achegaron ao encontro cando participaron no mesmo Marina Mayoral ou Cristina Almeida.
A Lonxa de Moaña
Sen contar con tantos recursos coma na Coruña, en Moaña o Club de Lectura corre por conta da asociación A Lonxa Literaria. Este grupo naceu hai catro anos impulsado polo bibliotecario desta vila, Suso RodrÃguez, formalizándose como asociación cultural en 2003. A actividade do grupo vai máis aló dos clubs de lectura. "Temos entre dez e vinte e cinco persoas nas tertulias literarias, logo facemos talleres literarios, un faladoiro para xente nova cada mes e medio, un recital poético cada ano e logo facemos un conto encadeado que circula polos diferentes centros escolares de Moaña. Un escritor escrÃbenos un primeiro capÃtulo e logo os alumnos continúan a historia", sinala o bibliotecario. Estritamente nos clubs de lectura desenvólvense dous grupos, un para os lectores de entre once e dezaseis anos e outros para adultos no que as idades van dos dezaoito aos cincuenta. "Os grupos están especializados en literatura galega. Caeu un pouco de caixón porque eran os autores aos que tiñamos acceso inmediato, e unha das condicións que puxemos para a actividade era que os autores estivesen presentes nos faladoiros".
Autores na lonxa
Deste xeito, ten pasado por Moaña boa parte dos principais autores do noso paÃs. DarÃo Xohán Cabana, Anxos Sumai, Jaureguizar, Lupe Gómez, Sechu Sende, Fina Casalderrey, João Guisám Seixas ou Rosa Aneiros son só algúns dos nomes. "Ao acabar cada lectura pedÃmoslle ao autor que nos recomende a seguinte obra ou autor", explica RodrÃguez. "Isto permÃtenos ir coñecendo diferentes ámbitos da literatura, xa que os autores relacionánse en ámbitos de coincidencias, e asà temos pasado polo ámbito da literatura infantil e xuvenil ou da escrita en galego reintegrado". Normalmente os escritores colaboran desinteresadamente nesta iniciativa. Os vindeiros que pasarán pola lonxa serán RodrÃguez Baixeras, e para o faladoiro dos máis novos, Neira Cruz.
Difusión
Alén destas propostas, existen no noso paÃs moitos outros clubs de lectura. "Seguro que hai moitos máis dos que nós coñecemos, dalgúns decatámonos que existen porque nos piden exemplares a través da páxina", asegura Begoña Llamosas desde a biblioteca do Fórum. "Acontece que moitos clubs recorren directamente á biblioteca de Guadalajara, que ten moitos lotes xa preparados para este fin". Segundo apuntan varias das persoas consultadas, é habitual que os clubs se difundan ao xeito de virus: Unha persoa participa nun destes grupos e máis adiante funda un novo noutro lugar. As satisfaccións que achega a xente a lectura en grupo favorecen esta difusión.Isabel Buján, desde Culleredo, considera que son moitos os aspectos positivos que perciben os participantes. "Un o xuntarse e os vÃnculos que se van creando. Logo obrÃganse un pouco a ler, aprenden, debaten, danse conta que cada vez teñen máis criterio, coñecen máis autores, interésanse máis en saber o que hai na librarÃa..." O acto compartir a lectura revélase non só coma unha completa actividade social e de formación, senón como un importante xeito de favorecer o amor pola literatura e a súa difusión.