O festival de Vilagarcía estrea en España Made in L.A o documental gañador dun Emmy

A principal novidade desta edición é a creación do premio a novos realizadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro xoves comeza a 36 edición do Festival Internacional Liceo Casino, o certame máis antigo dos que se realizan en Galicia. Unha cita que este ano contará con 25 traballos na súa sección oficial que optarán a cinco premios (créase a categoría para novos realizadores). Ademais, dentro das proxeccións paralelas destaca Made in L.A., o documental gañador dun Emmy que se proxecta por primeira vez en España e que conta a loita de tres inmigrantes latinas (María, Maura e Lupe) por conseguir parar cos abusos aos que son sometidas como costureiras dos talleres dunha famosa tenda de roupa en Los Ángeles.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Vilagarcía

Claves

Conceptos
Lugares