Investigadores comparten en Santiago as súas experiencias en relación coa escrita popular

As xornadas desenvólvense ata sábado no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As memorias, os documentos persoais, as cartas... son boas fontes de documentación para coñecer a historia. Sobre eses materiais traballa a Rede de Arquivos da Escrita Popular (AIEP) cuxos membros se reunen anualmente para analizar todo o que ten que ver coa súa procura, estudo e divulgación. Este ano a xuntanza terá lugar en Santiago e aproveitando a circunstancia, o Consello da Cultura Galega a Rede de Arquivos e a Cátedra UNESCO de Historia das Migracións desenvolven unhas xornadas previas para reflexionar sobre as historias concretas, os enfoques e os desafios que supoñen para o coñecemento da emigración, entre outros aspectos. As xornadas terán lugar desde hoxe ata o sábado, día no que se reunirán os membros da rede AIEP.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, UNESCO