Varios amarradoiros de pedra labrada, entre eles un con forma de cabeza xabaril son algúns dos achados que deixou a última campaña de escavación no Monte Facho en Donón (Cangas). Segundo o director deste proxecto, José Suárez, apareceron tamén restos de varios edificios cuadrangulares que semella desenvolveron funcións diferentes á de vivenda e que poderÃan estar vencellados a algún significado relixioso, xa que nun destes espazos apareceu un relevo en forma de serpe. Suárez sinalou que para o vindeiro ano se desenvolverán actuacións para facilitar o acceso e mellorar a sinalización do depósito. Ademais, apuntou a necesidade de ampliar a escavación en sucesivas campañas.