A terceira fase de investigación no Monte do Facho comezará en maio con novas escavacións

Afondando no Facho

9/12/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O concello de Cangas anunciaba onte que investirá 180.000 euros na terceira fase das investigacións no depósito arqueolóxico do Monte do Facho. Coas novas escavacións, que comezarán o vindeiro mes de maio, á agarda da autorización da Xunta, preténdese deixar ao descuberto os restos do poboado castrexo encontrado no lugar e continuar as investigacións ao longo do perímetro da muralla. Para o vindeiro día vinte e dous abrirase na Capela do Hospital desta vila unha mostra sobre o material que apareceu nas anteriores campañas de escavación.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Cangas, La Voz de Galicia, Culturagalega, Cangas...