Valencia acollerá os XXV Encontros Galeusca

O evento centrarase na Literatura e paisaxe do eu

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Entre os vindeiros días sete e nove e novembro, as localidades de Valencia e Sueca acollerán a XXV edición dos Encontros Galeusca. Autores de distintas literaturas minoritarias do Estado reuniranse para debater encol de Literatura e paisaxe do eu. Este é o primeiro encontro deste tipo que se celebra logo de que se constituíse, o pasado mes de xullo a Federación Galeusca, que agrupa as asociacións de escritores en catalán, euskera e galego. Entre os representantes do noso país que acudirán ao encontro están Agustín Fernández Paz, Anxos Sumai, Xavier Queipo e Marilar Aleixandre entre outros, ata un total de quince autores.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Valencia, Paisaxe, Xavier Queipo...