Ourense acollerá a II Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial

O ciclo anual centrará as actividades desta edición

30/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Logo da primeira edición que se celebrara en Pontevedra, a II Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego terá como escenario a Praza Maior de Ourense. O evento celebrarase entre o oito e o once de novembreo e terá como eixe o Ciclo Anual. Cada un dos días dedicarase a unha estación e celebraranse demostracións de actividades tradicionais coma a forxa, a destilaría ou a fabricación de xoguetes e instrumentos entre moitos outros. Ademais poderán verse diferentes exposicións sobre o noso patrimonio inmaterial e participarán no encontro representantes de tradicións coma os Antroidos da Ribeira Sacra, o Folión da Caniceira de Trives ou as Treboadas de Tomiño.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Exposicións, Ribeira Sacra, Tomiño...