Un congreso analizará os retos dos Arquivos Municipais ante as novas tecnoloxías

A xornada permitirá detectar as necesidades para adaptarse á nova lei

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A administración electrónica xa está aquí. Entre as súas vantaxes está a posibilidade dos cidadáns de informarse ou realizar diversos trámites mediante a rede, tal e como contempla a Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Un feito que implica a a progresiva dixitalización e reorganización dos arquivos da administración. Por este motivo, cobra especial importancia o II Congreso de Arquivos Municipais Españois que se celebra entre o 5 e o 8 de novembro en Lugo. Un encontro que reflexionará sobre a xestión electrónica documental nos concellos ou o papel dos novos arquivos dixitais á hora de garantir a dispoñibilidade, autenticidade, integridade, confidencialidade e conservación dos documentos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares