A Sinfónica de Galicia escolle un programa variado para o Festiclass

A formación pretende popularizar a música clásica con entradas económicas e explicacións dos concertos

28/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Comezou o ano pasado coa intención de rachar cos tópicos habituais da música clásica (que non se entende, que é cara, e as dificultades para poder asistir aos concertos). O resultado foi Festiclass, un programa que ofrece cinco concertos a prezos de entre catro e doce euros, con explicacións e descargas no sitio web e con transporte para os que vivan na área metropolitana da Coruña. Se o ano pasado se apostara por interpretar a Beethoven con gran éxito de público, este ano a Sinfónica de Galicia repite iniciativa con algún pequeno cambio. Cambia o monográfico por un programa variado con pezas de Sibelius, Mahler, Falla, Mendelssohn e Joaquín Rodrigo. A venda de abonos producirase do 5 ao 22 de novembro, mentres que as entradas comezarán a venderse de xeito individual a partir do 25 de novembro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Beethoven

Claves

Protagonistas