Edicións do Cumio presenta catro libros que invitan aos nenos a reflexionar sobre si mesmos e o mundo que os rodea

Unha experta en ioga e un artista visual asinan os catro volumes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cando escoito o teu corazón, Soñei que era unha árbore, Quen son eu? e Tan grandes, tan pequenos son os catro títulos que forman esta pequena colección orientada ao auto-coñecemento que se presenta nunha edición en tapa dura e orientada aos primeiros lectores. Trátase de lecturas creadas pola experta en ioga Teresa Puig e o artista visual Isao, nas que, a través dos relatos do pequeno Lucas, se achega outra visión do mundo, a relación familiar e infancia. Aprender en que cousas hai que fixarse para saber como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada, acadar quen é un mesmo ou amar e respectar a Natureza son algúns dos aprendizaxes que ofrecen estes libros. No sitio web de Edicións do Cumio pódense ver mostras destes catro volumes.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Edicións do Cumio, Natureza

Claves

Entidades
Conceptos