Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil

O xurado recoñeceu a obra O único que queda o amor

O galego Agustín Fernández Paz é o Premio Nacional de Literatura Infantil deste ano. O Ministerio de Cultura facía público esta mañá o galardón, dotado con 20.000 euros. O xurado valorou o libro de relatos O único que queda é o amor que publicou o pasado ano este autor e que unicamente está publicado en galego. O xurado estaba formado por Rogelio Blanco, Mónica Fernández, Margarita Salas, Manuel González, Xavier Etxaniz, Emili Teixidor, Cristina Minguillón, Remedios Morales, Marta Rivera, Rosario González, María Penéndez, y los dos últimos autores galardonados, Fernando Marías y Jordi Sierra i Fabra. Nesta entrevista que publicamos recentemente o autor premiado reflexionaba sobre a literatura infantil e xuvenil.