Ourense acolle o primeiro festival de música alternativa As Burgas

Alt+Burgas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Atraer público de toda Galicia, Norte de Portugal e Castela e León é a intención dos organizadores do primeiro festial As Burgas de música alternativa. Este evento traerá ata Ourense algúns dos grupos máis destacados do panorama internacional os vindeiros vintecatro e vintecinco deste mes.

Grupos

O cartel do festival ábrese coa actuación dun grupo galego, os Moon Cresta, considerados pola crítica coma revelación da tempada no país. Será o día vintecatro ás dez da noite. A continuación chegaralle o turno ós americanos Big Soul, e logo delos Macaco coa súa fusión de estilos. Logo dos concertos no escenario principal, na praia fluvial de Oira, a música trasladarase ó pabillón de deportes desta localidade, onde a partir das dúas e media da noite, Trut 69 e DJ Javi Rial&Piti Sanz. Para a segunda xornada o espectáculo no escenario principal comezará de novo ás dez da noite con Alberto Mbundi e a Turma Angologalaica, que drán paso ós portugueses Zen para deixar o fin da noite ó veterán Rosendo. Logo, a partir das dúas e media da mañá, a acción trasladarase de novo ó pabillón de deportes, onde acturán Hijos de Caín, DJ Lord Keison e varios pinchadiscos locais. No mesmo lugar e ás seis da tarde, o Magical Brothers ofrecerán o seu espectáculo de humor e de maxia.

Instalacións e prezos

En total serán setenta e cinco mil vatios os que se repartirán entre os dous escenarios. Ademais da música, os asistentes disporán de baños, zonas de comida, áreas de recreo e as piscinas da praia fluvial. Por se fose pouco, instalaranse postos de artesanía e habilitarase unha zona de acampada á beira do río. A asistencia ó concertos no escenario principal custará doce euros por noite, sendo posible adquirir un abono para os dous días por 18 euros, mentres que a entrda no pabillón de deportes será gratuíta.
A organización do evento corre por conta do Concello de Ourense en colaboración coa empresa Malata Produccións, que investiron 132.000 euros para desenvolver esta iniciativa.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castela e León, Norte de Portugal, Espectáculo, Piti Sanz...