Un filme sobre o papel da Igrexa na Guerra Civil abre a XXII edición de Cineuropa

A noite que deixou de chover, rodada en Santiago e protagonizada por Tosar, está na sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cineuropa inicia a conta atrás. O vindeiro 3 de novembro comezará a XXII edición deste festival que mantén a súa estrutura: proxeccións de filmes independentes, sociais e de autor. O festival abrirá as súas portas o día 3 con A boa nova, o filme sobre o papel da Igrexa durante a Guerra Civil do que falarán en Santiago a súa directora, Helena Taberna e o seu actor protagonista, Unax Ugalde. Un día despois comezará a sección oficial a competitición con títulos como a Palma de Oro en Cannes Entre os muros de Laurent Cantet, Blindness a adaptación realizada por Fernando Meirelles da obra de José Saramago Ensaio sobre a cegueira, ou a subversiva desmitificación que Jean Claude Van Damme fai de sí mesmo na esperada JCVD e a galega A noite que deixou de chover. Nos próximos días coñeceranse os gañadores do premio Cineuropa e a programación completa deste certame que organiza a Concellaría de Cultura de Santiago.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Onde a chuvia é arte

Alfonso Zarauza explica a súa ópera prima A noite que deixou de chover

As imprescindibles

As imprescindibles

O director de Cineuropa, José Luis Losa, selecciona os filmes que non te debes perder

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Guerra Civil, Ensaio, Cannes...

Claves

Entidades
Lugares