Talía Teatro pregúntase, E ti, quen ves sendo?

Feira Galega das Artes Escénicas 2008 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Acabados de cumprir vinte anos de traxectoria no mundo teatral, Talía presenta unha montaxe na que un fato de "persoas sen teito" van representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial, deciden seguir os ensaios pola súa conta. Reunidos no lugar en que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.

Imaxe 1
1/2
Imaxe 2
2/2


Crítica

“A vinganza dos clásicos” Por Beatriz Bravo


Dez personaxes que soñan con deixar atrás as súas miserias plasmando a vida doutros dez personaxes coas súas miserias. Ironía que probablemente defina o traballo actoral dende o seu nacemento, e moita miseria que deixar atrás na vida dentro da vida, na montaxe da historia dunha peculiar montaxe.

Redundancia intencionada, o Anfitrión de Plauto bríndanos a súa casa para que Talía revise a fórmula clásica do metateatro a partir das ganas e desganas dun elenco disposto por unha vez a facerse valer. A riqueza do espectáculo nace precisamente da interacción desa decena de personaxes, uns máis complexos, outros apenas esbozados, os máis trazados a partir dunha cariñosa estereotipación. Unha auténtica superproducción actoral que afonda nesas pequenas metas que nos unen, pero que tamén nos afastan.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Talía Teatro, Artes Escénicas, Feira...