Destacados autores galegos participarán nun especial da televisión española

Escritores na televisión

| | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor e presentador de Televisión Española, Sánchez Dragó, gravará hoxe e mañá en Compostela un especial do seu programa Negro sobre branco ó que asistirán destacadas personalidades do mundo da literatura galega.

Escritores e estudiosos

Un escenario tan destacado como a Biblioteca América do Colexio de San Xerome, será onde esta mesma tarde, a partir das 18:30 horas, se gravará a mesa redonda que formará o prato forte do especial. Participantes tan ilustres como o rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva, os escritores Suso de Toro e Manolo Rivas e o tamén escritor, director da Editorial Galaxia e Presidente do Consello da Cultura, Carlos Casares.

Entrevista

Sánchez Dragó aproveitará a súa estancia para gravar tamén unha entrevista cun dos autores máis destacados das nosas letras, Xosé Luis Méndez Ferrín. Será nun dos salóns do Pazo de Raxoi, e na conversa preténdese facer un repaso da vida e obra do escritor.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Literatura, Carlos Casares, Suso de Toro...