
Que ten que suceder en Babiliglub, unha obra de monicreques en luz negra que nada nun mar de música, movemento e cor para que se poida proferir o ansiado "si" que o espectador agarda? Xa o verás. Un discurso pola tolerancia e a aceptación da diferenza.
Crítica
Minianimalismo por Beatriz Bravo
Para viaxar non hai que moverse. Só hai que pechar os ollos o tempo xusto de dicir miau. E xa estamos nas profundidades do mar. Así de doado. Ben acompañados pero sen escapatoria. Porque Babiliglub é un espectáculo que acapara por completo os sentidos. Negro sobre negro, o cálido colorido de peixes, luras e demáis fauna marítima conquistan a nosa mirada, que descubrimos de novo infantil.
Galitoon regálanos unha proposta minianimalista, dunha beleza plástica e inxenua, que atopa precisamente na súa sinxeleza a forza para cautivar ó público máis novo. Un brillante exercicio de hipnotismo que fala das dificultades de ser distinto dun xeito natural, directo e diferente.
Glub.

Estrela e Peixe

Pez de Colores
