De todos os gustos e técnicas, desde os fíos ata as sombras pasando polas luvas. A edición de 2008 do Festival Galicreques comeza hoxe en Santiago. Por diante quedan sete días nos que haberá ata vinte compañías chegadas de once países diferentes para ofrecer sesións para escolares e para públixo en xeral nas prazas e rúas da cidade así como na sede compostelá da SGAE (ARTeria Noroeste). Ademais, no Centro Sociocultural das Fontiñas permanece aberta unha exposición dedicada aos títeres de Asia (ata o 14 de outubro), ademais dun obradoiro para aprender a construir os espectáculos de monicreques. O programa é organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, coa colaboración do Concello de Santiago.
Programación en ARTeria Noroeste:
-Luns 6, 11:00 h.: Típico tópico (Cachirulo, Galicia)
-Martes 7, 11:00 h.: If kangaroos could fly (Theater PassParTu, Alemaña)
-Mércores 8, 11:00 h.: 2 números (Teatro Portátil, Brasil)
-Xoves 9, 11:00 h.: Serenatuna... a la luz de la luna (Damasita Teatro, Arxentina)
-Venres 10, 11:00 h.: If kangaroos could fly (Theater PassParTu, Alemaña)
-Venres 10, 19:00 h.: Sueño de una tarde de verano (Erre Ke Erre, Navarra)
-Sábado 11, 12:30 h.: El espíritu del Cid (Ángeles de Trapo, Uruguai)
-Sábado 11, 19:00 h.: Entremets (Diego Stirman, Francia-Arxentina)
-Domingo 12, 12:30 h.: El Pernales. El último bandolhéroe (Teatro Urgente, Madrid)
-Domingo 12, 19:00 h.: Boliña Vermella (Eva Kaufmann, Austria-Alemaña)