O creador do futuro

Expertos coinciden en destacar que o artista ha de achegarse ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Primeiro preguntamos como van ser os museos do futuro. Despois incidimos en coñecer cal é o papel do público nese novo museo e, por último, interesámonos por cal ha de ser a postura do artista. Teóricos, investigadores e críticos presentes no foro de debate Creación artística e identidades culturais organizado polo Consello da Cultura Galega achegaron a súa visión dos condicionantes e retos polos que ha de pasar o artista no futuro.

O crítico e comisario Juan de Nieves considera que “malia que sempre existiron artistas que non tiveron en consideración a unha audiencia máis que como pura espectadora, hai outros que si traballan o papel do público e da audiencia”. Cre que os museos xa se deron conta da importancia do público ecomezan a pedirlle aos artistas que reforcen a esa relación. Moito máis pesimista é o teórico Serge Guilbaut, que considera “o artista non vai cambiar e, polo tanto, nada vai mudar”.

Por último, a directora de La Panera, Gloria Picazo, asegura que “é un camiño compartido desde o incio ata o final entre o artista, o centro e o público”. Como directora dun centro de arte, considera que “para min é importante lanzar reto para os artistas” o que lle permite ser esperanzadora sobre o traballo dos creadores para o futuro.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O museo busca o seu público

O teórico Sete Guibaurt reflexiona sobre a importancia da educación para a creación de público crítico e activo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Consello da Cultura Galega, Juan de Nieves

Claves

Protagonistas
Conceptos