Un foro analiza a relación entre o audiovisual e a lingua galega

O encontro intégrase dentro da programación do Festival de Cine de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

¿O futuro da industria do cine pasa pola lingua? ¿Cal é o mercado das producións feitas en lingua minorizadas? Estas son algunhas das cuestións que se porán sobre a mesa no foro A lingua fendida. O audiovisual e o galego (14 e 15 de outubro) que organiza a Academia Galega do Audiovisual. O encontro intégrase no marco do Festival de Cine de Ourense con dúas xornadas diferenciadas: a primeira servirá para coñecer os casos de realidades culturais semellantes a Galicia (Euskadi, Catalunya, Québec e Gales), mentres que a segunda daralle a palabra aos profesionais galegos (que falarán dos puntos de vista económico, artístico e sociocultural ademais de encol da dobraxe, que cumpre 26 anos).

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Lingua galega, Academia Galega do Audiovisual...