O 2008 marcará un fito na historia recente do audiovisual galego ao conseguir que oito longametraxes teñan como lingua orixinal o galego. Non é un feito baladÃ, xa que o uso do galego na cinematografÃa segue a ser un hándicap. Pero non é un problema exclusivo de Galicia por iso, a Academia Galega do Audiovisual, organizou onte no marco do Festival Cine de Ourense un foro de debater para coñecer as experiencias doutras cinematografÃas cunha realidade idiomática semellante.
Gales, Quebec, Euskadi, Cataluña e Galicia comparten o feito cultural incontestable de ser territorios nos que conviven varios idiomas. Neses espazos o audiovisual exerceu un importante labor de vertebrador cultural, aÃnda que con diferentes niveis de implicación e desenvolvemento. Investigadores e profesionais destes territorios debullaron neste encontro unha radiografÃa da situación actual nos seus respectivos paÃses no que afecta a este sector. Denis Chourinard (Quebec), David M. Barlow (Gales), Miguel Angel Casado (Euscadi) e Joan Corbella (Cataluña) coincidiron en destacar a importancia da lingua para o desenvolvemento da industria cultural, ademais dun papel normalizador clave; o rol que mantén a televisión como motor do sector, asà como a necesidade de poñer o énfase en promover producións que non só se roden na lingua deses territorios, senón que tamén reproduzan os seus costumes e demais sinais de identidade.
Pero é un camiño non exento de problemas. A conversión do analóxico ao dixital (que fará que numerosas empresas deixen de facer produción en lingua propia para tentar mellorar a súa conta de resultados), a falta de produtos de calidade, e a ausencia dunha estratexia polÃtica clara e definida son algúns dos retos que estes expertos espuexeron para o sector audiovisual a medio e a curto prazo.