Karaoke cos contos

Contos en cantos permite chegar á literatura através da canción

7/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
13 lecturas | Compartido 0 veces
A editorial OQO, en colaboración con Pai Música presentou unha curiosa iniciativa para a campaña de dinamización lingüística que organizaron oito editoras coa secretaría xeral de Política Lingüística. Contos en cantos é un libro disco nos que Almudena Janeiro transforma en cancións doce historias desta editorial. Ademais de escoitarse, o proxecto inclúe a posibilidade de facer karaoke con estes temas, nuns videos que teñen as ilustracións dos contos coma imaxes. A iniciativa percorrerá todo o país ao longo deste outono con diferentes actuación para animar os máis pequenos a cantar e a ler.

Universo culturagalega.gal

23/09/2008

Flis-fli-ris-flás

Un proxecto explora múltiples formatos para promover a lectura e o galego