O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o Ciclo de Músicas Prohibidas

As actividades tamén se desenvolverán na rúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Pecados, Ciclo de Músicas Prohibidas, é a nova proposta musical que se desenvolverá en Pontevedra este outono. A proposta do Concello desenvolverase maioritariamente no Pazo da Cultura desta cidade, cos concertos de Tumani Diabaté (12 de outubro), Stereolab (21 de novembro) e The Residents (9 de decembro). Ademais, desde hoxe mesmo e ata mañá, o Dúo Dithyrambe interpretará por diferentes prazas da cidade as súas versións operísticas de temas punk, disco e pop contemporáneos. Para rematar, o ciclo propón para os días 4, 5, 11 e 12 de outubro un punto de intercambio de CDs no que os interesados poderán deixar os seus discos e recibir en troca un compacto que a organización promete "único".

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo da Cultura de Pontevedra, Pop, CDs

Claves

Conceptos
Lugares