BD Banda coeditará con Dargaud As serpes cegas

A obra sairá en galego e en castelán

26/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As serpes cegas, a serie que Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí publican na revista BD Banda verá a luz nos vindeiros meses na forma de álbum. Segundo anunciou onte o presidente deste BD Banda, Kiko da Silva, o colectivo chegou a un acordo coa coñecida editora francesa Dargaud, que vai publicar a obra en Francia para coeditar o álbum en galego e en castelán. O título é unha historia de intriga ambientada nos anos trinta, con abondosas referencias ás loitas sociais da época. A Asociación Cultural BD Banda inicia así unha nova xeira editorial coa publicación de obras monográficas en solitario, alén da colaboración que mantén con Faktoría K.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Kiko da Silva, Francia

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares