Manuel Rivas é un dos candidatos aos premio Médicis

Os libros arden mal compite con outras 15 obras na categoría de autores estranxeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

L´éclat dans l´abîme, versión francesa de Os libros arden mal, é unha das quince obras candidatas aos premios Médicis na categoría de autores estranxeiros. A obra de Manuel Rivas compite nesta categoría con autores da talla de Thomas Pynchon, Ian McEwan ou Peter Ackroyd. O galardón, considerado o máis prestixioso de Francia, entregarase o vindeiro 5 de novembro. A obra de Rivas xa fora seleccionada neste país por Télérama/France Culture coma unha das dez obras estranxeiras das que se emitiron fragmentos en versión radiofónica.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Francia

Claves

Protagonistas
Lugares