Baiona contará no 2010 cun `hospital´ para a fauna mariña

O centro atenderá aos cetáceos, lobos de mar e tartarugas que varan na costa

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A localización de Galicia no Océano Atlántico provoca que, todos os anos, un gran número de mamíferos mariños e tartarugas varen nas costas galegas debido a enfermidades ou a extenuación. Segundo a presidenta da sociedade de montes en mancomún de Baredo (Baiona), en breve producirase a sinatura do convenio de cesión de terreos coa Consellería de Medio Ambiente para a construción dun centro de asistencia a mamíferos mariños. O centro, que custará millón e medio de euros, contará con piscinas, zonas de atención e quirófanos, e terá usos clínicos, de investigación, documentación e didácticos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Atlántico

Claves