Un ciclo trae a Vigo filmes arxentinos independentes

Fai parte do Proxecto Raíces para fomentar as relacións cinematográficas entre Galicia e Arxentina

15/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Vigo acolle desde o sábado o apartado expositivo do proxecto Raíces, un programa xurdido no 2002 para fomentar as relacións cinematográficas entre Galicia e Arxentina. O proxecto abrangue dous apartados: un financeiro (un fondo de coprodución) e un expositivo. Este último comezou en Vigo o sábado cun documental homónimo sobre a figura do actor galaico-arxentino, Tacholas. Por diante quedan cinco días de proxeccións nos que se poderán ver títulos como O asaltante, Sentimentos e A velocidade funda o esquecemento.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Arxentina, Documental

Claves

Conceptos
Lugares