Emma Ríos, seleccionada para o programa de BD euroasiática Língua Cómica

Fará tándem coa premiada artista malaisiana Hwei-Lin

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ilustración de Emma Rios

Ilustración de Emma Rios

A debuxante coruñesa Emma Ríos ten sido seleccionada para a terceira edición do programa Lingua Cómica, consistente nunha bolsa de creación de banda deseñada. A Fundación Euroasiática ASEF en colaboración co Museo Internacional de Manga de Kyoto (Xapón) convoca estas axudas para as que selecciona catorce autores e emparella cada creador oriental con outro occidental. No caso da debuxante galega, a súa compañeira será a malaisiana Hwei-Lin, gañadora do segundo premio no concurso internacional de manga da editorial Kodansha. Agora as dúas artistas colaborarán a través de Internet durante dous meses e despois encontraranse na cidade xaponesa de Kyoto, do 8 ao 16 de novembro. Os catro primeiros días traballarán baixo a supervisión dun titor, e os catro últimos participarán en conferencias e postas en común dos proxectos de cómic desenvolvidos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Emma Ríos, Banda deseñada, Internet...

Claves

Protagonistas
Lugares